O pasado venres 5 de Maio, tivo lugar a celebración da Festa dos Maios.
Neste día, entidades e asociacións da zona do Calvario, celebramos xuntas o inicio da primavera, cunha tradición tan nosa como son os maios.
Creación de maios, poemas, música, colares, baile, pero sobre todo, moita troula. Troula á cargo de Cé Orquesta Pantasma, que deixou abraiadas a todas as persoas alí presentes coa súa música e a súa retranca.
Sen dúbida, unha marabillosa xornada en comunidade.