A biblioteca Neira Vilas participou este ano na III Xornada de bibliotecas públicas de Galicia 2021
Este ano a xornada celebrada na Cidade da Cultura tiña como lema A Biblioteca Social. A nosa biblioteca formou parte da “Mesa de experiencias. A biblioteca inclusiva e integradora”, onde a nosa compañeira Mar García presentou o proxecto Achegando Culturas.
Achegando Culturas é o programa que iniciamos no 2012, xunto á Fundación Secretariado Xitano de Vigo para fomentar a lectura, a integración social e a diversidade, co que pretendemos alonxarnos de prexuízos e tópicos e coñecer máis sobre a cultura xitana.
Nesta xornada tamén puidemos gozar coas presentación doutros compañeiros e compañeiras das bibliotecas de Galicia, e doutras localidades como San Javier (Murcia), Cuenca ou Soto del Real na que nos amosaron como conseguir unha biblioteca para tod@s.