Nesta xornada o noso público infantil puido aprender o funcionamento básico dun vehículo autónomo, e todo o que precisa para poñerse en movemento. Unha vez adquiridas estas nocións básicas, puxémonos mans á obra e fixeron os seus propios prototipos.
Imaxinaron, crearon e construíron algunhas máquinas xeniais que puxeron en movemento e que logo competiron por ver quen chegaba á meta, cal era o mellor deseño, e cal era o máis rápido.
Unha xornada moi divertida na que fomos uns enxeñeiros e enxeñeiras e pilotos de carreiras na biblioteca.