Actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Neste obradoiro tivemos ocasión de achegarnos, grazas a Tai, a unha nova disciplina da cultura urbana como é o Beatbox, que consiste na habilidade para crear sons, ritmos ou melodías co uso de recursos corporais, pricipalmente a boca, gorxa e farinxe.
En primeiro lugar fixemos unha breve aproximación teórica ao beatbox e ás súas orixes na década dos 80, nos barrios pobres de Nova York, onde carecían de recursos para mercar un radiocasete, polo que recorrían a esta habilidade que permitía construír un patrón rítmico sobre o que poder rapear en calquer lugar e momento. Sen embargo, pouco a pouco o beatbox foise desligando do rap para crear novos sons, e hoxe en día constitúese como unha disciplina independente.
Xa na parte práctica, aprendimos a facer algúns sons básicos da batería (bombo, caixa, platillos) e a colocar o micro de forma adecuada, para despois, por parellas, compoñer unha base rítmica.
Finalmente, aprendimos tamén a gravar e mesturar pistas nunha Loop Station para crear efectos e temas con moito estilo!