Podemos facer música cun vello altofalante de coche, uns cantos cables, un clip, un lapis e unha pila, e de paso aprender un montón de ciencias?? Por suposto!!
Eso foi o que nos ensinou estes días Mateo Mena no obradoiro de Ciencia Sonora, no que combinamos conceptos científicos e sonoros baseándonos na experimentación.
A través da construción de diversos dispositivos musicais electrónicos, achegámonos de forma práctica a principios científicos como o electromagnetismo, a resistividade, a frecuencia, a vibración… e a súa aplicación musical, fomentando tamén aspectos como a creatividade, o método científico ou a aprendizaxe colaborativa.
Así, ao longo destas dúas xornadas experimentamos co son, compuxemos as nosas propias pezas musicais e mesmo creamos obras de microteatro con efectos sonoros… En definitiva, unha experiencia inolvidable!