O SNL do Concello de Vigo en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organizou este obradoiro, realizado por Luis Prego
Sesión musical para aprender coas cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas de ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos, de forma que despois as familias poidan cantar e xogar na casa.
Comezaron o recital cun público moi animado e participativo, repasaron cancións dos contos máis populares de tradición popular como Pedro Chosco, Tan, Tan, Tan, Tarantela o que non come non ten barrigola, Nariz nariceta e moitos máis; con voz, movementos e sons de laúde, pandeireta, birimbao e acordeón.
Unha tarde na que compartimos os cánticos máis coñecidos.