Actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Neste obradoiro mergullámonos de cheo no Rap da man de Mc Risk, aprendendo os seus fundamentos básicos e a terminoloxía propia deste xénero musical no que conflúen ritmo e rima sobre unha base instrumental.
Coñecida a teoría básica, pasamos á parte práctica rapeando por grupos versos dos Cantares Gallegos de Rosalía.
E como colofón, compuxemos o noso propio tema rap e interpretámolo desbordando FLOW polos catro costados!
Un día nubrado voaba un corvo,
no monte mollado cruzouse cun lobo.
Un alien chegou e levou un raposo,
e o alien tiña as orellas dun oso.