A biblioteca municipal Neira Vilas acolleu o 28 de agosto o acto de presentación de Marea Muerta, a terceira novela do vigués Nacho Carreras, un thriller que vira ao redor dun asasinato nas illas Cíes. Presentado polo Alcade de Vigo, Abel Caballero, é unha historia que atrapa ao lector coa súa narrativa en primeira persoa e que tamén esta dispoñible na biblioteca para levar en préstamo.