A hora dos contos, Mago Paco. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

A hora dos contos: O Mago Paco. Patapatún tun tun!!

Este ano comezamos o ciclo de A Hora dos Contos con moita maxia da man do Mago Paco. O noso mago explicou ao público máis cativo todo o preciso para facer maxia: Unha variña: pode ser de calquera tamaño ou de calquera cor. Aínda que a dun verdadeiro mago sempre é branca e negra (que non confundir cunha cebra que tamén son das mesmas cores) Un sombreiro: Hai milleiros de sombreiros diferentes pero o dun auténtico mago é unha chistera onde pode vivir unha familia enteira de coellos. e unhas palabras máxicas: As auténticas palabras máxicas son “Patapatun tun tun!!”