Terrazas de verán: Arantza Portabales
Un ano máis regresaron as Terrazas á biblioteca na nosa programación de verán
Un ano máis regresaron as Terrazas á biblioteca na nosa programación de verán
Xurxo Martínez achegouse ata as nosas Terrazas de Verán para falarnos do seu libro “Marxes. Guía ilutrada do Vigo rebelde”, onde podemos atopar 40 historias situadas pola xeografía da nosa cidade
Comezamos o mes de setembro con ritmo de bossa nova a cargo do Cuarteto Açaí
Pechamos as Terrazas de Verán da Neira Vilas co encontro coa escritora María Reimóndez, nunha estupenda velada que nos permitiu achegarnos ao seu universo literario, que transita por xérneros como a poesía, a novela ou o ensaio.
Xurxo Mariño e Luís Sampedro voltaron á terraza da biblioteca está vez para un encontro con público adulto. A través de pequenas anécdotas das súas viaxes como investigador Sampedro explicounos como os animais evolucionan e se adaptan ao seu entorno e como debemos preservar a natureza e coida dela
Despois de varios meses regresou un dos nosos contadores máis queridos á biblioteca. Avelino preparou unha sesión de “medo”, pero non foron contos de terror o que escoitamos senón historias de como superar os nosos medos. Contounos por exemplo a historia dos dragóns, ou mellor dito das Cocas, que rodean Vigo. Unha historia moi diferente á que temos escoitado desta tradición medieval, xa que a bicha tiña outras intencións para as rapazas que lle entregaban como tributo. Actividade realizada en colaboración co SNL
Foi un pracer como sempre contar con Paula Carballeira, que nesta ocasión veu contarnos historias para os máis pequenos da casa. Atrapamos no aire contos de aquí cerquiña, como o do río da Bruxa, ou de moi lonxe, de África, como a historia que explica por que a picadura da mosca tsé-tsé provoca un sono profundo…
Xurxo Mariño e Luís Sampedro tiveron un encontro co público infantil da biblioteca no que falaron da importancia do coñecemento científico dun xeito lúdico, divertido e poético.
Xoán Curiel regresou á biblioteca para realizar un concerto na na nosa Terraza Liber, un concerto onde puidemos escoitar cancións dos seus traballos anteriores “Ecuacións”, “Nai” e “Magnético zen” e no que tamén adiantou algún tema dos seus novos proxectos
César inaugurou a nosa Terraza Liber cun concerto para toda a familia, foi unha tarde moi emotiva, xa que regresaban as actividades á biblioteca, e regresaba o noso público infantil a bailar e a escoitar historias