Xurxo Mariño e Luís Sampedro tiveron un encontro co público infantil da biblioteca no que falaron da importancia do coñecemento científico dun xeito lúdico, divertido e poético.
Xurxo Mariño tróuxonos para amosar un fragmento de meteorito e explicounos como viaxou polo espazo hai milleiros de anos ata o Planeta Terra. Puidemos observar nas nosas mans ese fragmento do corazón dunha estrela.
Luis Sampedro contounos algunhas acnédotas da súa viaxe de investigación á Antártida e como de fráxil pode ser un ecosistema, polo que temos que ter moito coidado co noso planeta e coidalo.