Falemos de Vigo dende as marxes
Xurxo Martínez achegouse ata as nosas Terrazas de Verán para falarnos do seu libro “Marxes. Guía ilutrada do Vigo rebelde”, onde podemos atopar 40 historias situadas pola xeografía da nosa cidade amosando personaxes destados da nosa histora, literatos, artítistas, políticos, personaxes populares, etc. Como apunta Manuel Bragado no seu limiar, “Un libro para ler e reler devagariño, para consultar e repasar con camiñadas compartidas polos vieiros vigueses da memoria.”
O público asistente animouse a preguntar e a falar das historias de Vigo que non atopamos nos libros de historia e que en ocasións se somerxen na ficción do noso Mapa Literario. Unha memoria colectiva viva que falaba do que aconteceu na nosa cidade durante e despois da guerra, do Colexio Alemán, dos partidos de fútbol, das folgas do metal, das conquistas que se lograron e das vidas que se perderon e que fixeron desta unha cidade única e rebelde.