Un ano máis celebramos o día das escritoras, con flores e lecturas de escritoras
Esta nova edición conta co comisariado de Marifé Santiago Bolaños que elixiu como fío condutor “Leer las edades de la vida”; un dos textos seleccionados é do poema “Os ollos ben pechados” da autora Xela Arias, a quen A Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas na edición deste ano.
“Os ollos ben pechados”
Xela Arias
«eu
mirando a túa reflexión o teu regreso
á postura máquina perfecta
aínda-tralos meus cristais rosados- vexo desacougados
saharas inmensos avantar mares apousados
por un erro –quizás un só maldito erro-
que trastocou a precisión da mente os puntos
nos is conxugados parir saír e partir
aparca-lo inxenuo das avelaíñas dormidas
asasinar fronteiras de caricias
manter só fogueiras de desperdicios nas cunetas
-horribles panoramas- (…)
“Os ollos ben pechados” (Denuncia do equilibrio, 1986)
Poesía reunida, Edicións Xerais de Galicia, 2018, p. 122.