Tras a súa visita para coñecer a labor social das bibliotecas, o alumnado de 2º do ciclo de Integración Social do Colegio San José de la Guía regresou á Biblioteca Neira Vilas para poñer en prácica as súas experiencias
En colaboración coa Fundación Secretariado Xitano realizaron dúas proposas de actividades para desenvolver na biblioteca dentro do proxecto de Achegando Culturas.
Entroido Cultural
A primeira das actividades estaba enfoca aos rapaces e rapazas do programa “Promociona”, e nela buscábase gozar do entroido preparando unhas “pantallas” e facendo un obradoiro de instrumentos con elementos de refugallo para finalizar cun gran fin de festa desfilando e bailando ao redor da biblioteca.
Cultura Violeta
O alumnado preparou esta actividade destinada ás mulleres xitanas do programa Calí co fin de empoderar a muller xitana e refrorzar os lazos entre culturas.
Con diferentes propostas de achegamento e cohesión grupal, chegouse a un encontro marabilloso onde se falou sen prexicios e sen medos de diferenes temas, dende a educación, a forma de enteder as relacións de parella ou da familia, ata dos valores e diferentes costumes.
Unha sesións chea de risas e algunha outra bágoa que ramotou da mellor das maneiras, cun baile e moitas palmas.