O pasado luns, a Biblioteca Neira Vilas visitou a Universidade de Vigo no seu campus de Pontevedra para ofrecer unha charla ao alumnado do Grao en Educación Infantil. Durante a intervención, destacamos a importancia das bibliotecas como recursos fundamentais na formación dos nenos e nenas. Falamos sobre o concepto de biblioteca como terceiro lugar, un espazo vital entre o fogar e a escola, que favorece a creatividade, o aprendizaxe e o intercambio cultural. Tamén abordamos a idea da biblioteca como un “palacio del pueblo”, un lugar inclusivo e accesible para toda a comunidade. A bibliotecaria presentou o concepto de biblioteca hexagonal, que promove a organización flexible e colaborativa do espazo, favorecendo a interacción entre as perosas usuarias. Ademais, ofreceulles recomendacións sobre como organizar unha biblioteca de aula, adaptándoa ás necesidades dos nenos e nenas. Para rematar, falamos sobre a historia da literatura infantil e xuvenil, utilizando o conto clásico de Carapuchiña Vermella como exemplo da súa evolución pedagóxica.
Visitas escolares, Grao en Educación Infantil.
