Ana Facchini regresou a biblioteca co súa sesión de contos “Tanto Conta, Conta Tanto”, onde heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas.
Comezamos co conto Todos juntos de Daniela Kulot unha historia para aprender cos demais dende a tolerancia, a diversidade e a integración. E así “todos xuntos imos vencer, non importa o que poda acontecer”
A continuación escoitamos e cantamos a historias dun gato diferente e o conto da princesa e a ra.
Tamén o historia de Daniela que quería ser pirata e dinlle que NON pode ser. Daniela pregunta Por que? Se ela sabe pescar, e forte, veloz, valente, cociña, pode atopar tesouros mellor que ninguén. Ten TODO o que hai que ter para ser pirata.
Para finalizar Ana contounos a historia de Pepita Sarmienta, unha nena que podía voar e con ela aprendemos que
A quen amas dálle ás para voar,
raíces para volver
e motivos para quedar.