Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos
Comezou con Velliñas, un conto tradicional recollido por Charo Pita, que conta a amistade entre Atenea e Filipa dúas señoras maiores que pasan a súa vida xuntas. Nesta ocasión Vero tamén contou a historia coa súa voz e tamén coas súas mans, empregando a lingua de signos.
A continuación disfrutamos coa historia da Vaca que puxo un ovo. Pero (e como dixo Vero ” na vida sempre hai un PERO, porque se non non hai vida nin hai contos) ese ovo non era un ovo como os demais.
Rilo explicounos que para vivir do conto hai que ter moi boa memoria, e que iso como todo na vida, hai que traballalo e por iso contounos o conto máis pequeno do mundo que cóntase coas mans
e que di así (se a memoria non me faia):
“Esto era un rato
meteuse nun cesto
e o conto rematou nesto”
Gozamos cantando e aprendendo o conto Leite, conto que lle contaban a Vero de pequena e que ela decidiu transformalo nun “conto Karaoke”, vamos ela conta e nos repetimos.
Xa chegando ao final escoitamos unha historia de vinganza, “porque a vinganza tamén haina na vida”, o conto de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
E para rematar trotamos como cabalos silvestres pola biblioteca ao ritmo dun fermoso Cabalo Azul, a historia dun artista que debuxaba aos animais de todas as cores que podía imaxinar.