CICLO DE CINE FICNOVA
O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, xornada que adican os centros educativos a conmemorar unha cultura de non violencia e de paz
O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, xornada que adican os centros educativos a conmemorar unha cultura de non violencia e de paz
Aproveitando a chegada do tren a Ourense e o Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario.
Iniciamos esta nova andaina do noso Club de lectura coa mellor das lecturas posibles: El infinito en un junco de Irene Vallejo, obra catalogada como ensaio aínda que para min máis próxima a un libro de viaxes. A través do espazo-tempo, a autora vai recreando a viaxe do coñecemento humano, ou o que foi o mesmo ata hai ben pouco: a viaxe dos valiosos recipientes onde se gardaba: o libro
O luns 24 de xaneiro visitou a biblioteca o alumnado de 2º de Educación Infantil de Ordinario do IES de Chapela. Nesta visita coñeceron a biblioteca e os seus recursos, tanto os que lles poden interesar agora como alumnado como os que poden empregar no futuro cando traballen con grupos de infantil. Vimos como se organiza unha biblioteca para o público de 0-3 anos e como se seleccionan os libros, afondando en que materiais e temáticas son os máis adecuados. Así mesmo, amosamos unha selección de libros e os recursos necesarios para preparar unha sesión de contos. E sobre todo […]
ioteca para contarnos Contos en lila, unhas historias para reflexionar sobre o mundo que queremos. Un mundo que non sexa nin azul nin rosa, se non unha mestura dos dous… un mundo lila.
O pasado día 11 de xaneiro celebramos o Día do/a usuario/a das bibliotecas, unha das nosas datas favoritas, xa que o noso público é o máis importante. As persoas que veñen á biblioteca en busca de información, de formación, na procura dun lugar de encontro e de ocio son as que dan sentido ao noso labor.
Verdecer: Oasis Urbanos é unha actividade cuxo obxectivo principal é que os rapaces/zas estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, cidade) tomando conciencia da importancia da natureza e os elementos vexetais así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades.
Na biblioteca volvemos a gozar cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Celso Sanmartín. A velada foinos levando dun tema a outro, dende os métodos da logopedia tradicional como eran os trabalinguas, a historias da emigración
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2022 boas lecturas! Ilustración: Federico Fernández
Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos