Visitas escolares Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

VISITAS ESCOLARES

Rematou este curso tan diferente, un curso no que tivemos tod@s que adaptarnos as circunstancias e no que non puideron vir os coles á biblioteca, xa que as normas sanitarias non permitían as visitas de grupo ás bibliotecas. Así que decidimos coller as maletas e ir nos aos centros de ensino para “amosar” a biblioteca e contar os nosos Contos de Villanos: contos de Bruxas, de Lobos e de Ogros. Nestes viaxes contamos e amosamos contos clásicos como A casiña de chocolate, A raíña das neves, Os tres porquiños ou Polgariño pero tamén falamos de como evolucionaron estes malvados hasta […]

Mostra bibliográfica 8 de xuño Océanos

Océanos saudables, planeta saudable

Unímonos ás celebracións do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño) para lembrar a todos o papel importante que teñen os océanos na vida cotiá. Eles son os pulmóns do noso planeta, a maior parte do osíxeno que respiramos. Nacións Unidas quere con este Día concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos, coa fin de mobilizar e unir á poboación mundial ao redor do obxectivo da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.

Santuario eFilmVigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

8 de xuño: Día Mundial dos Océanos eFilmVigo

“O océano: vida e medio de subsistencia” é o tema do Día Mundial dos Océanos 2021, un ano no que á súa vez arrincamos unha década de desafíos para lograr o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14: “Conservar e utilizar de maneira sostible os océanos, os mares e os recursos mariños” para 2030.