Restablécense todos os servizos da biblioteca
Dende maña (14/01/2021) restablécense todos os servizos da biblioteca. A biblioteca funcionara con normalidade e seguridade tras arranxar a avaría no sistema de ventilación e climatización.
Dende maña (14/01/2021) restablécense todos os servizos da biblioteca. A biblioteca funcionara con normalidade e seguridade tras arranxar a avaría no sistema de ventilación e climatización.
Para celebrar o Día do Usuario/a, premiamos cun lote de libros aos usuarios/as máis activos de cada categoría (adulto e infantil) para comezar o 2021 gozando das mellores lecturas
As novelas de espías forman xa un xénero literario que ten xerado magníficos títulos. Grandes autoras e autores como Agatha Christie o Phillip Kerr, Jonh le Carré ou Tom Clancy escribiron estupendos relatos cheos de confidentes e informadores que traspasaron as follas do libros e tomaron vida no cine e nas series de televisión.
Durante o día de hoxe na biblioteca estarán en funcionamento os servizos de préstamo devolución e referencia, o resto de servizos están pechados de xeito provisional por unha avaría nas nosas instalacións.
Esta tarde tivemos a sorte de degustar os mellores callos de Ribeira acompañados con galletas campurrianas; aínda que a combinación non pareza moi apetecible, a maridaxe foi perfecta.
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2021 boas lecturas! Ilustración: Marcos Viso
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias que se atopen nunha situación de confinamiento un “Servizo de Préstamo Especial a Domicilio” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.
Esta tarde de venres pasámolo xenial coas historias de Raquel Queizás; contos que trataban dun dos protagonistas máis relevantes do conto popular en Galicia, un animal listo, pícaro e que sempre sae ben parado de toda situación complicada: o raposo
Durante os meses de decembro e xaneiro a biblioteca amplía os seus horarios. A biblioteca abrirá os luns 14, 21 e 28 de decembro e 4, 11, 18 e 25 de xaneiro en horario de mañá, de 10.30h a 14.00h a maiores do seu horario habitual.
Este venres estivo na biblioteca María da Pontragha acompañada pola arpista Bleuenn Le Friec para ofrecernos unha mestura de música e contos.