Día da Biblioteca: Pasamos consulta
Para festexar o Día da Biblioteca montamos un consultorio onde o persoal bibliotecario pasou consulta
Para festexar o Día da Biblioteca montamos un consultorio onde o persoal bibliotecario pasou consulta
Hoxe iniciamos contos Dakí Para a primeira sesión de Contos Dakí, contamos con Felipe Caxoto, un dos nosos contadores habituais, gozamos dunha chea de historias, ben divertidas. Quedámonos con ganas de máis! Teremos que esperar á seguinte visita de Caxoto á biblioteca.
“Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca. Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un […]
Estamos moi contentos de recibir onte o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia polo proxecto Mapa Literario de Vigo
Esta tarde a biblioteca converteuse nun zoolóxico. Hoxe como protagonistas na sesión de contos tivemos unha chea de animais: gorilas, unha ratiña fachendosa e ata un crocodilo.
Baixo o lema “Mujeres, amor y libertad” sumámonos á convocatoria da Biblioteca Nacional co obxectivo de “difundir o legado cultural das escritoras
As nosas sementes viaxaron moi lonxe… ata Marrocos!
Grazas a Irene Miñambres que levou as sementes ao seu cole o COLEGIO ESPAÑOL LUÍS VIVES de Larache
Hoxe tivemos a primeira sesión da Hora dos contos despois das vacacións de verán. Como sempre un pracer contar coa presenza de Olalla González e Marc Taeger.
Comezamos o 4 de outubro coas actividades para o cuarto trimestre do ano
Que delicadeza! un gusto escoitar a voz de Su Garrido.