A hora dos contos con Marc Taeger e Olalla González

O venres 23 de xaneiro contamos cunha nova sesión de A hora dos contos da man de Olalla González e Marc Taeger, nunha tarde chea de historias e imaxinación. Ao longo da sesión, puidemos gozar da narración de contos tan coñecidos e queridos como Garavanciño, Chibos chibóns, O elefante que perdeu o seu ollo e Artur, que foron tomando vida grazas á palabra e ao debuxo en directo. Mentres Olalla ía contando as historias, Marc ilustrábaas en directo, construíndo os personaxes e as escenas diante dos nosos ollos. En máis dunha ocasión contou coa axuda dos nenos e nenas asistentes, […]