CONTOS RECICLADOS: Isto non é unha caixa
Bea Campos e Manuel Pombal regresaron á biblioteca para contarnos e cantarnos unha chea de contos relacionados co reciclaxe
Bea Campos e Manuel Pombal regresaron á biblioteca para contarnos e cantarnos unha chea de contos relacionados co reciclaxe
unha tarde de historias marabillosas cheas de arrecendo a salitre que axudaron a refrescar estes calores primaverais!
Para pechar este tempada (singular) de Contos Dakí aproveitamos que quentaba un pouco o sol e saímos a nosa terraza Liber para gozar o máximo posible desta sesión de contos realizada por Xurxo Souto
Para continuar coas celebracións do Día das Letras Galegas e coa colaboración do SNL do Concello de Vigo tivemos a sorte de contar coa representación “Arredor de Xela”. Un espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos realizado por Raquel Queizás coma homenaxe á vida e á obra de Xela Arias.
Na nosa cita mensual cos máis pequenos da casa, Cris de Caldas achegounos unha chea de historias para reflexionar sobre a igualdade
Regresou aos Contos Dakí, Celso Sanmartín, como di el para contar “as historias de vida” das que fai reflexións, tamén para contarnos lendas, panxoliñas e para agasallarnos coas súas cantigas
Na bibloteca celebramos o Día do Libro, e que mellor forma de facelo que achegarnos da man de Soledad Felloza aos textos dalgúns dos grandes nomes da Literatura dos dous lados do Atlántico, dende Borges e Benedetti, a Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro. Mergullámonos nas historias de mulleres fortes e valentes como a Aurora de La Tribuna ou a Micaelita Aránguiz de Pardo Bazán, que non quixo casar cun home que a mirara con tal desprecio só por un encaixe roto. E coñecimos tamén casos como do Padín de Carracedo de Cunqueiro e o seu famosísimo ollo de vidro […]
Nesta ocasión visitou a biblioteca o Doutor Tilla de Patacas, que ademáis de loitar contra o virus e ameazar con facernos a todos unha PCR (coa escobilla do váter! ), confesounos que tamén se adicaba a contar historias. Así soubemos de Laura, unha nena que soñaba con converterse en pirata e que o día do seu cumpleanos tivo que buscar por todo o seu pobo un tesouro moi moi especial!
O 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os libros e a lectura entre o público máis novo
Onte, na nosa cita mensual cos Contos Dakí, e en véspera do Día Mundial do Teatro, visitounos un dos grandes da escena galega: Avelino González