Mostra bibliográfica 8 de xuño Océanos

Océanos saudables, planeta saudable

Unímonos ás celebracións do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño) para lembrar a todos o papel importante que teñen os océanos na vida cotiá. Eles son os pulmóns do noso planeta, a maior parte do osíxeno que respiramos. Nacións Unidas quere con este Día concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos, coa fin de mobilizar e unir á poboación mundial ao redor do obxectivo da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.

Xela Arias Día das Letras Galegas Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Días das letras Galegas: Xela Arias

Ao longo do mes de maio poderedes achegarvos á figura de Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas neste 2021, a través dunha mostra bibliográfica na que atoparedes unha escolma da bibliografía máis destacada da autora así como das súas obras. Xela Arias é unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea, cunha importante labor no mundo da edición e a tradución. Segundo a Real Academia Galega, “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.