MODELAMOS UNHA HISTORIA?: OBRADOIRO DE BARRO
Cada participante modelou unha historia con barro, co conxunto dos traballos crearemos unha historia común
Cada participante modelou unha historia con barro, co conxunto dos traballos crearemos unha historia común
Hoxe aprendimos a facer un cesto con pequenos anacos de papel de xornal enroscados cos que facer longas tiras e logo trenzalas ao xeito tradicional, como se fai co vimbio
Verdecer: Oasis Urbanos é unha actividade cuxo obxectivo principal é que os rapaces/zas estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, cidade) tomando conciencia da importancia da natureza e os elementos vexetais así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades.
Isto non é unha caixa….Isto é unha casa para o meu gato, é un teatro de títeres, e unha lavadora e un tiburón
estimable axuda de Juan Juste, que nos axudou a construír cunha caixa de cartón o noso propio EMAKI, un teatriño tradicional xaponés a partir de pergamiños ilustrados.
Antes de poñernos a encartar e encartar papel, aprendemos en que consiste o origami ou papiroflexia
Hoxe celebramos un obradoiro de xadrez impartido por Xadrez Galego.
Podemos facer música cun vello altofalante de coche, uns cantos cables, un clip, un lapis e unha pila, e de paso aprender un montón de ciencias?? Por suposto
Comezamos cunha breve introdución á obra de Luis Seoane e aos conceptos arquitectónicos e artísticos necesarios para o desenvolvemento da parte práctica, onde os participantes interpretaron unha das paisaxes pintadas por Seoane materializándoa coa construción dunha maqueta colectiva
Coñecemos de preto a muralla de Vigo, o seu trazado orixinal e a súa vocación defensiva, á vez que investigamos sobre os materiais, as proporcións e a escala dos distintos elementos que a forman