Feira do Libro: Homenaxe a Domingo Villar
Lectura pública dos textos de Domingo Villar ofrecida polo grupo de voluntarios
Lectura pública dos textos de Domingo Villar ofrecida polo grupo de voluntarios
Estamos moi contentos de recibir onte o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia polo proxecto Mapa Literario de Vigo
Quizais sería porque na televisión estaban anunciando o episodio segundo da saga, pero aos miolos de Ricardo veu a imaxe dun Calbot neno entrando no cine Fraga, un día do ano 1977, para ver a estrea da Guerra das galaxias
Outras veces dedicabamos o tempo a camiñar por Samil ou polo Areal mentres o resío da noite acrecentaba en nós o degoiro de volver á agarimosa calor do fogar
A Gota de Leche. Margarita lembrábaa de ir coa avoa, alí, no canto da Ronda. Anunciábase antes de chegar polo son de instrumentos desafinados.
Eu collo o 11. Subín na parada que está á altura da antiga estación de Renfe. En…, non recordo agora a rúa. É unha das principais de Vigo. A que cruza coa Vía Norte e con…, ¿como se chama?
Decatouse de que os máis dos seus compañeiros de faenaeran analfabetos, e os que non o eran endexamais colleran un libro para aprender, para gozar co seu contido
Si, señor. Belarmino Somozas Rivas. Vive preto da igrexa de Santa Cristina de Lavadores. Anote.
O día está anubrado e case non hai xente cando cruzan cara á illa de Toralla
A el coñecíao dende que eu tiña uso de razón. Era un home peculiar que, por tempadas, deambulaba no barrio de Coruxo, entre o Vao e a Fontaíña