Comezamos unha nova tempada de Contos Dakí, e con esta xa levamos dez!
Para este estreo de tempada tivemos a sorte de contar con dous contadores portugueses Vítor Fernandes e Estefânia Surreira , que se achegaban á nosa biblioteca por primeira vez co seu proxecto “Dois dos montes”, no que contaron e cantaron a historia de João Soldado e outros contos dos dous lados da liña.
Unha divertida tarde na que puidemos gozar na biblioteca destes contos onde non faltaron bruxas, diaños, deuses, almas en pena, trasgos, pantasmas e moitos outros seres da mitoloxía popular preparando a xornada de Samaín que se achegaba.