Pintores/as en eFilm Vigo
Aidez l’Espagne
Pere Portabella
O filme, un encargo do Colexio de Arquitectos de Catalunya, con motivo da exposición antolóxica de Joan Miró no ano 1969, foi obxecto dunha forte polémica sobre se era prudente ou non proxectala durante a exposición. A posición de Portabella foi: “ou se proxectan as dúas películas ou ningunha” e, finalmente, proxectáronse tanto Miro l’altre como Aidez l’Espagne. O filme realizouse combinando imaxes de material cinematográfico de arquivo da Guerra Civil Española e gravados de Miró da serie Barcelona (1939-1944).
Xénero | Ano | Clasificación |
Documental | 1969 | T |