
Data/hora
Data(s) - 23/04/2025
Hora 19:30 - 20:30
Día do Libro: Cantos do mar
Celebramos o Día do Libro, o 23 de abril, cunha charla especial sobre o libro Cantos do mar (Morgante, 2024), a primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras de folk anglosaxón, datadas entre os séculos XVI e XX. Esta obra tamén inclúe a tradución e comentario de tres temas de orixe francófona pola súa relevancia no xénero. Durante a charla, exploraremos a historia das celeumas como parte da música de tradición popular, a súa clasificación e a súa conexión coa música actual. Ademais, posto que as traducións permiten que os temas sexan cantados, a presentación contará con interpretacións en directo dunha selección destas cantigas. Contaremos coa presenza dos autores, Susana Rodríguez Barcia e Bosco Gil de Gárate, que nos guiarán neste percorrido sonoro. Susana é lingüista e profesora na Universidade de Vigo; Bosco e músico, tradutor e poeta. Esta actividade será unha excelente oportunidade para reflexionar sobre a tradición musical e a súa importancia na nosa cultura.

Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas