Os momentos vitais importantes son un tesouro que debemos coidar e preservar.
Retomamos os obradoiros de encadernación coa Asociación AFAGA para pechar as actividades antes do período estival. Nestas xornadas realizamos un libro fotográfico, plasmando dun modo visual experiencias pasadas que permiten conectar con emocións eses momentos vitais, únicos e irrepetibles.
Con este álbum de imaxes, cada unha das persoas participantes no taller, conservará estes recordos e poderá compartilos cos seus familiares.