Esta semana visitou a biblioteca por primeira vez o Grupo de Autocoidado para Mulleres da Asociación Érguete.
Neste primeiro encontro puidemos amosarlle ás mulleres como funciona a biblioteca, os seus recursos e cales destes poden serlles máis útiles no seu día a día.
Tamén puideron descubrir de primeira man que a biblioteca, ademais dun lugar onde emprestar libros ou vir a traballar ou a estudar, pode ser un lugar de encontro e de ocio, onde poder aprender unha chea de cousas novas.
E como exemplo, nesta xornada achegámonos á figura de Rosalía de Castro, que algunhas das participantes descubriron na actividade, mentres que outras profundizaron na idea que tiñan da autora. Tras coñecer quen era e cal foi o seu papel na cultura galega, redescubrimos unha Rosalía presente en diferentes facetas da nosa cultura popular e, sobre, todos na música. Así puidemos escoitar algúns dos seus poemas máis coñecidos versionados por Nao, Guadi Galego, DeVacas ou incluso Joan Baez.