A HORA DOS CONTOS. PAULA CARBALLEIRA
Neste mes de decembro tivemos o pracer de contar con Paula Carballeira na nosa Hora dos Contos, que nos deleitou con historias que viñan de moi lonxe (de alá, aláaa…), pero tamén de cerquiña
Neste mes de decembro tivemos o pracer de contar con Paula Carballeira na nosa Hora dos Contos, que nos deleitou con historias que viñan de moi lonxe (de alá, aláaa…), pero tamén de cerquiña
Paula Carballeira deleitounos cunhas historias cheas de pantasmas, pandeiretas, lobos e moralexas Non debes facer caso ás reprimendas do teu marido morto, así como non debes levar para casa unha caveira que recolles polo camiño e, sobre todo, se petan na túa porta ben entrada a noite non abras, mais abre un chisco a xanela, non vaia ser que sexa a morte que ven levar unha alma.
Paula Carballeira pechou este ano o ciclo de Contos Dakí, as sesións de contacontos para público adulto que cumpriu 10 anos e no que participaron grandes contadores e contadoras do panorama galego e tamén internacional
Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan
Pazos encantados, mulleres lobo, historias de amor que trascenden este mundo….