Báilatelo sola 8M Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Mostra bibliográfica: 8 de marzo

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e para reivindicalo y darlle visibilidade, durante este mes realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que trate sobre a muller e a súa loita pola igualdade de oportunidades na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Marzo Do 1 ao 30 de marzo Horario de apertura da biblioteca Lista bibliográfica Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo. máis información

Contos Dakí: Celso Sanmartín - En liña

Contos Dakí: Celso Sanmartín – En liña

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín.