Raquel Queizas A Hora dos contos Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ARREDOR DE XELA. RAQUEL QUEIZÁS

Para continuar coas celebracións do Día das Letras Galegas e coa colaboración do SNL do Concello de Vigo tivemos a sorte de contar coa representación “Arredor de Xela”. Un espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos realizado por Raquel Queizás coma homenaxe á vida e á obra de Xela Arias.

Xela Arias Día das Letras Galegas Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Días das letras Galegas: Xela Arias

Ao longo do mes de maio poderedes achegarvos á figura de Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas neste 2021, a través dunha mostra bibliográfica na que atoparedes unha escolma da bibliografía máis destacada da autora así como das súas obras. Xela Arias é unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea, cunha importante labor no mundo da edición e a tradución. Segundo a Real Academia Galega, “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.

Soledad Felona Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Día do Libro. Soledad Felloza

Na bibloteca celebramos o Día do Libro, e que mellor forma de facelo que achegarnos da man de Soledad Felloza aos textos dalgúns dos grandes nomes da Literatura dos dous lados do Atlántico, dende Borges e Benedetti, a Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro. Mergullámonos nas historias de mulleres fortes e valentes como a Aurora de La Tribuna ou a Micaelita Aránguiz de Pardo Bazán, que non quixo casar cun home que a mirara con tal desprecio só por un encaixe roto. E coñecimos tamén casos como do Padín de Carracedo de Cunqueiro e o seu famosísimo ollo de vidro […]

DÍA DAS ESCRITORAS: V EDICIÓN: EL ESFUERZO COTIDIANO DE LAS MUJERES

V EDICIÓN DÍA DAS ESCRITORAS: El esfuerzo cotidiano de las mujeres

Hoxe celebramos o Día da Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias ( FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Nunca choveu que non escampara Día das Letras Galegas Biblioteca Neira Villas

“Con sentidiño” no Día das Letras Galegas #EuFaloGalego

Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Despois de moitos anos reivindicando a súa figura, este 2020 foi o autor escollido para a conmemoración