Día da bibliotecas. Lectura asistida con cans

Día da bibliotecas. Lectura asistida con cans

Cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos

A hora dos contos Ana Facchini Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

A hora dos contos: Ana Facchini

Ana Facchini regresou a biblioteca co súa sesión de contos “Tanto Conta, Conta Tanto”, onde heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas.