Nadal 2021
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2022 boas lecturas! Ilustración: Federico Fernández
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2022 boas lecturas! Ilustración: Federico Fernández
Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos
Esta semana recibimos na Neira Vilas varios grupos de AFAGA para que os/as usuarios/as coñecesen o noso espazo e os servizos da biblioteca
Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto.
da de castañas” achegámonos ao magosto como a celebración da despensa chea, das colleitas, do trigo e do millo (e o pan), da uva (e o viño), do mel, da matanza (e os chourizos)… e por suposto das castañas.
Inauguramos a nova tempada de Contos Dakí con Quico Cadaval, que nos contó historias de defuntos ambientadas, como é habitual, na comarca do Barbanza
A biblioteca Neira Vilas participou este ano na III Xornadas de biblioteca Públicas de Galicia 2021
Cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos
sta nova edición conta co comisariado de Marifé Santiago Bolaños que elixiu como fío condutor “Leer las edades de la vida”; un dos textos seleccionados é do poema “os ollos ben pechados”de autora Xela Arias, a quen A Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas na edición deste ano
Ana Facchini regresou a biblioteca co súa sesión de contos “Tanto Conta, Conta Tanto”, onde heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas.