A hora dos contos: Pavís Pavós
Despois de moito tempo regresamos coa Hora dos Contos e para esta gran ocasión tivemos a sorte de que nos acompañasen Xacobe e Tareixa, ou o que é o mesmo Pavís Pavós, para contarnos unha chea de contos
Despois de moito tempo regresamos coa Hora dos Contos e para esta gran ocasión tivemos a sorte de que nos acompañasen Xacobe e Tareixa, ou o que é o mesmo Pavís Pavós, para contarnos unha chea de contos
Xurxo Mariño e Luís Sampedro voltaron á terraza da biblioteca está vez para un encontro con público adulto. A través de pequenas anécdotas das súas viaxes como investigador Sampedro explicounos como os animais evolucionan e se adaptan ao seu entorno e como debemos preservar a natureza e coida dela
Despois de varios meses regresou un dos nosos contadores máis queridos á biblioteca. Avelino preparou unha sesión de “medo”, pero non foron contos de terror o que escoitamos senón historias de como superar os nosos medos. Contounos por exemplo a historia dos dragóns, ou mellor dito das Cocas, que rodean Vigo. Unha historia moi diferente á que temos escoitado desta tradición medieval, xa que a bicha tiña outras intencións para as rapazas que lle entregaban como tributo. Actividade realizada en colaboración co SNL
Foi un pracer como sempre contar con Paula Carballeira, que nesta ocasión veu contarnos historias para os máis pequenos da casa. Atrapamos no aire contos de aquí cerquiña, como o do río da Bruxa, ou de moi lonxe, de África, como a historia que explica por que a picadura da mosca tsé-tsé provoca un sono profundo…
Xurxo Mariño e Luís Sampedro tiveron un encontro co público infantil da biblioteca no que falaron da importancia do coñecemento científico dun xeito lúdico, divertido e poético.
Xoán Curiel regresou á biblioteca para realizar un concerto na na nosa Terraza Liber, un concerto onde puidemos escoitar cancións dos seus traballos anteriores “Ecuacións”, “Nai” e “Magnético zen” e no que tamén adiantou algún tema dos seus novos proxectos
César inaugurou a nosa Terraza Liber cun concerto para toda a familia, foi unha tarde moi emotiva, xa que regresaban as actividades á biblioteca, e regresaba o noso público infantil a bailar e a escoitar historias
A biblioteca dispón de 2 portátiles para o préstamo das persoas usuarias. As persoas que soliciten este servizo poderán facer uso dos mesmos dentro da sala da biblioteca.
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas inaugura na mañá do mércores día 8 de xullo, a terraza “Liber” onde as persoas usuarias poderán utilizar os seus portátiles, se poderá ler un libro
A colección en libre acceso estará accesible ao público, pero será o persoal da biblioteca o que retire dos estantes os documentos solicitados