Contos Dakí: Quico Cadaval
Esta tarde tivemos a sorte de degustar os mellores callos de Ribeira acompañados con galletas campurrianas; aínda que a combinación non pareza moi apetecible, a maridaxe foi perfecta.
Esta tarde tivemos a sorte de degustar os mellores callos de Ribeira acompañados con galletas campurrianas; aínda que a combinación non pareza moi apetecible, a maridaxe foi perfecta.
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2021 boas lecturas! Ilustración: Marcos Viso
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias que se atopen nunha situación de confinamiento un “Servizo de Préstamo Especial a Domicilio” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.
Esta tarde de venres pasámolo xenial coas historias de Raquel Queizás; contos que trataban dun dos protagonistas máis relevantes do conto popular en Galicia, un animal listo, pícaro e que sempre sae ben parado de toda situación complicada: o raposo
Durante os meses de decembro e xaneiro a biblioteca amplía os seus horarios. A biblioteca abrirá os luns 14, 21 e 28 de decembro e 4, 11, 18 e 25 de xaneiro en horario de mañá, de 10.30h a 14.00h a maiores do seu horario habitual.
Este venres estivo na biblioteca María da Pontragha acompañada pola arpista Bleuenn Le Friec para ofrecernos unha mestura de música e contos.
Debido ao cambio de provedor da plataforma tecnolóxica que sustenta eBiblio, desde o Ministerio de Cultura y Deporte comunícannos que é posible que algún dos servizos se vexan interrumpidos, parcial ou totalmente, a partir do 26 de novembro.
Despois de moito tempo regresaron Bea e Manuel á biblioteca, pero nesta ocasión non foi para unha sesión de bebés, senón para nenos e nenas de máis de 3 anos, que tiveron así a oportunidade de reencontrarse de novo coas historias de Migallas Teatro.
Hoxe celebramos o Día da Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias ( FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
Despois de moito tempo regresamos coa Hora dos Contos e para esta gran ocasión tivemos a sorte de que nos acompañasen Xacobe e Tareixa, ou o que é o mesmo Pavís Pavós, para contarnos unha chea de contos